Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os vigueses xa gozan da cidade sen a opresión francesa coa Reconquista

Os vigueses xa gozan da cidade sen a opresión francesa coa Reconquista

As milicias e o pobo conseguiron reconquistar esta tarde a cidade de Vigo da opresión do Exército de Napoleón

Foron varias horas de tensión nunha representación que seguiron milleiros de persoas

O balance da edición deste ano é de éxito total para os seus organizadores

G24.gal 02/04/2023 21:54 Última actualización 02/04/2023 22:01

Milleiros de persoas seguiron a expulsión das tropas de Napoleón, baixo un ambiente festivo e con boas caracterizacións.

Volveuse á Porta do Sol, para representar esa parte da historia na que as mulleres tiveron un papel fundamental.

Bailes, forcexos e varias perdas recrean ese Vigo ocupado de 1809 que culmina co derrubamento da Porta de Gamboa. O símbolo da liberación que recrean máis de 300 actores. Algúns coma Victoria, levan máis de 20 anos recreándoa.

Co poder xa no pobo, chega o momento da rendición. O Exército de Napoleón debe partir tras meses de ocupación. Dende a organización falan dunha edición exitosa, que o vindeiro ano cumprirá trinta anos.

A despedida é tan só un ata logo. Na mente de moitos franceses e vigueses xa está a Reconquista do vindeiro ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade