Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro membros da mesma familia faleceron en Adamuz

Catro membros da mesma familia faleceron en Adamuz

A nai, o pai, un fillo e un sobriño faleceron no convoi que viña de Madrid

Só sobreviviu a filla pequena, de seis anos, que saíu do tren polos seus propios medios

G24.gal 20/01/2026 14:27

As súas fotos foron das difundidas polas redes sociais para pedir axuda na súa busca. Catro membros dunha mesma familia de Puente Umbría, residentes en Aljaraque. 24 horas despois confirmábase o falecemento.

"Había esa esperanza de que puidesen vivir, pero os catro membros faleceron", lamenta unha familiar dos falecidos.

Regresaban de ver o partido entre o Real Madrid e o Levante. Un regalo de Reis que rematou en traxedia. Só sobreviviu a filla, de 6 anos. Localizouna a Garda Civil deambulando pola vía, chea de frío. Lograra saír do tren polos seus propios medios e practicamente ilesa.

"Que ten seis anos e polo visto puido saír por unha ventá, non sei se con axuda ou sen axuda", explica a familiar.

En Punta Umbría e en Aljaraque decretaron tres días de loito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade