As familias agardan abatidas noticias dos seus
Comezan a coñecerse pouco a pouco a identidade dos falecidos
É o fío de esperanza ao que se agarran as persoas que aínda non saben nada dos seus familiares. Levan máis de 24 horas agardando información mentres se van confirmando pouco a pouco a identidade dos falecidos.
Dos primeiros falecidos que coñecemos a súa identidade foron a parella formada polo xornalista onubense Óscar Toro, de 56 anos, e a fotógrafa María Clauss, de 53. Volvían a Huelva dende Madrid no Alvia. Vencellados a causas solidarias e de cooperación internacional, ela levara o premio Luis Valtueña. Ricardo Chamorro, funcionario de prisións, ía no mesmo tren, regresaba á casa despois de acompañar opositores aos axudaba a prepararse... Pepi e Ana eran nai e filla, de Isla Cristina, tamén foran a Madrid a esa oposición... Coñecer as historias, ponlle cara e dor á traxedia.
Hai familias que aínda agardan desesperadamente polos seus e buscan información e consolo no Centro Cívico de Córdoba. Como esta muller de Huelva, o seu marido era a primeira vez que collía un tren. A familia e compañeiros de profesión do cardiólogo malagueño Jesús Saldaña pedían colaboración para saber del ao non atopalo entre os feridos. É o caso de máis familias, que contan co apoio de psicólogos.
Entre as vítimas mortais está tamén un policía nacional cordobés destinado en Madrid, que fora pai hai pouco. O domingo regresaba á capital para traballar. Tamén unha muller de 50 anos veciña de Bujalance que traballaba de profesora en Madrid faleceu no sinistro. E o maquinista do Alvia tiña só 27 anos e estaba a punto de ser substituído por un compañeiro na estación de Córdoba.