Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vaga de roubos en coches particulares e furgóns de profesionais no barrio coruñés de Vioño

Vaga de roubos en coches particulares e furgóns de profesionais no barrio coruñés de Vioño

Rompen as ventás e subtraen ferramentas, material de traballo e obxectos persoais

Vinculan os roubos coa ocupación ilegal de vivendas que hai na zona

G24.gal 14/10/2025 14:21

Coas ventás rotas. Así atopan veciños e traballadores do barrio de Vioño os seus vehículos tras deixalos a noite anterior estacionados na contorna do parque.

"Semanalmente aparecen dúas ou tres furgonetas coas ventás rotas", asegura José Robles, o secretario da Asociación Veciñal Independente Mallos-Vioño.

"Vimos onte unha furgoneta aí co cristal roto". "A min roubáronme dúas veces, pero cousas pequenas para eles: zocos e cousas así".

Malia que hai particulares afectados, os máis prexudicados están a ser os autónomos.

"Fontaneiros, albaneis... róubanlles o material... e xa non poden ir tampouco traballar ao día seguinte...", explica Robles.

Desde a asociación veciñal vinculan todos estes roubos coa ocupación ilegal de vivendas que hai na zona.

"Hai un piso aí bastante conflitivo... hai xente que acaba de saír da cadea... E venden o que rouban por unha dose. Ao mellor algo de mil euros, véndeno por 30 euros para conseguir heroína", conclúe o secretario da Asociación Veciñal Independente Mallos-Vioño.

A Policía Nacional xa abriu unha investigación para dar co autor ou autores dos asaltos e poder frear o problema.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade