Unha septuaxenaria queda ferida nun accidente de tractor en Valga
Foi trasladada en helicóptero ao Hospital Clínico de Santiago de Compostela, pero xa está estable e fóra de perigo
Unha muller quedou ferida en Valga ao ser atropelala polo tractor co que traballaba e do que acababa de baixar. O vehículo acabou caendo por un terraplén e envorcando.
Na mañá deste martes operarios do taller revisaban o tractor accidentado e valoraban a posibilidade de retiralo cun guindastre convencional. Finalmente non foi posible e agardan que un guindastre pluma faga o propio ao longo da xornada de hoxe.
O tractor caeu polo terraplén e acabou envorcando ao pé dun lavadoiro e dun cruceiro. Aconteceu na tardiña de onte. A súa condutora, unha muller septuaxenaria, realizaba traballos na súa leira do lugar de Reguengo, en Valga, cando, segundo testemuñas presenciais, baixou do tractor e este, antes de precipitarse polo terraplén, atropelouna. Os equipos de emerxencias chegaron axiña.
A muller, que estivo consciente en todo momento, foi trasladada en helicóptero medicalizado ao Hospital Clínico de Santiago e, segundo as súa familia, está estable e fóra de perigo.