Cargando resultados...
Falece un home en Viana do Bolo ao sufrir un accidente co seu tractor
A vítima quedou atrapada por unha roda
G24.gal
24/04/2026 20:10
Última actualización 24/04/2026 20:53
Un home faleceu logo de accidentarse co seu tractor nunha pista de terra localizada no lugar de Bouza, en Pexeiros, Viana do Bolo.
Foi o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 quen, minutos antes das 19 horas, informou ao 112 Galicia deste sinistro. Desde un primeiro momento, os alertadores sinalaron que o implicado podía estar falecido.
Os servizos de emerxencias tiveron que actuar para liberalo, xa que se atopaba atrapado por unha roda.
Neste operativo participaron, ademais dos servizos sanitarios, o GES da Gudiña, os axentes da Garda Civil e a Policía Local de Viana do Bolo.