Falece un home ao sufrir un accidente de tractor no Porriño
O suceso ocorreu no Mosteiro, na parroquia de Budiño
Un home de 57 anos faleceu este xoves nun accidente de tractor ocorrido no Porriño.
O suceso produciuse pouco despois das sete e media da tarde no lugar do Mosteiro, na parroquia de Budiño. Por causas que se investigan, o vehículo envorcou e o home quedou debaixo. Foi un veciño o que deu a voz de alarma.
Os profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizaron ata o punto unha UVI móbil e unha ambulancia de SVB, así como persoal sanitario do PAC do Porriño. Ata o lugar tamén se desprazaron os Bombeiros do Porriño, a Garda Civil, a Policía Local e os efectivos de Protección Civil.
Os equipos de emerxencias rescataron o home de debaixo do vehículo, pero pese aos esforzos dos profesionais sanitarios, nada puideron facer por salvarlle a vida.
🔴#AXEGAInforma do falecemento dun home tras sufrir un accidente de tractor no Porriño.
— 112 Galicia (@112Galicia) May 21, 2026
📍 O Mosteiro, parroquia de San Salvador de Budiño.
➡️ Os servizos de emerxencia actuaron para rescatar á vítima, que quedara debaixo do vehículo tras envorcar.
🔗 https://t.co/wY5GuPq58g pic.twitter.com/fhmxuXbCim