Publicador de contidos

Publicador de contidos

Evacuado en helicóptero un home ferido de gravidade tras un accidente cun guindastre en Bande

Evacuado en helicóptero un home ferido de gravidade tras un accidente cun guindastre en Bande

Ao parecer foi atropelado por unha máquina que realizaba traballos forestais durante unha manobra de marcha atrás

(GES Muiños)
G24.gal 11/04/2026 19:02

Un home foi evacuado en helicóptero tras resultar ferido de gravidade ao ser golpeado pola pinza dun guindastre que realizaba labores forestais en Bande (Ourense).

Tal e como trasladou o 112 Galicia, o suceso tivo lugar ao redor das 17.15 horas na marxe da estrada OU-540, á altura do quilómetro 50, na parroquia de Santa Comba.

Foi o propio condutor da máquina quen explicou que, mentres realizaba unha manobra de marcha atrás, golpeou accidentalmente á vítima.

De inmediato, desde a sala de operacións do 112 pasouse o aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, cuxos profesionais determinaron a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Ademais, para garantir a seguridade da zona e colaborar na evacuación, tamén interviñeron membros do GES de Muíños, dos axentes da Garda Civil e dos efectivos de Protección Civil da localidade.

Despois de ser asistido no punto polos equipos sanitarios, o home foi evacuado na aeronave ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade