Publicador de contidos

Publicador de contidos

Operativo policial nun polígono de Santiago contras as carreiras ilegais de coches

Operativo policial nun polígono de Santiago contras as carreiras ilegais de coches

Os axentes puxeron 149 multas aos infractores durante a macroconcentración da Sionlla na fin de semana

G24.gal 14/10/2025 13:49

A Policía Local de Santiago impuxo un total de 149 multas no polígono industrial da Sionlla na noite do pasado venres ao sábado. 98 delas foron por excesos de velocidade e outras 51 por infraccións administrativas, a gran maioría por realizar reformas de importancia nos coches sen contar coa obrigatoria homologación. 

Os axentes detectaron días antes a convocatoria prevista pola ponte do Pilar, unha data ideal que contaba ademais con boas condicións meteorolóxicas.

Estas carreiras ilegais son un tema recorrente que preocupa moito aos usuarios dos polígonos industriais. Empresarios e traballadores felicitaban hoxe os responsables do operativo, xa que saben da dificultade de controlar este tipo de eventos que se convocan, a maioría das veces, por redes sociais e de xeito máis ou menos improvisado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade