Cinco días de música, mercado e actividades nas festas do Corpus de Ourense
O mercadiño medieval estrea nova ubicación, deixa a zona vella do centro e trasládase á contorna da Ponte Romana e o parque dos Remedios
Luis Zahera deu o pregón das festas, que se alongan ata o domingo
Moitas vilas e cidades galegas celebran a festividade do Corpus, que terá o seu día grande este vindeiro domingo. Unha das que máis sona teñen son as festas de Ourense, que nesta edición estrean novo lugar para o mercado medieval.
Antes de mergullarse na festa propiamente dita, demos un paseo pola Feira do Libro, ubicada no parque de San Lázaro. Cita coa cultura que non falla no programa do Corpus, malia a crúa calor sempre presente.
É unha excelente ocasión para o contacto directo cos autores noveis ou menos coñecidos, que amosan as obras saídas do prelo.
O mercado medieval deixou o centro urbano para trasladarse á contorna da Ponte Romana. Un cento de postos de artesanía, comida e xogos que animan o paseo.
O programa concéntranse en só cinco días, ata o domingo. A explanada do pavillón dos Remedios acolle as actuacións musicais, en que destacan os grupos para o público máis novo.