As mellores festas e festivais desta fin de semana
Os festivais musicais dominan esta fin de semana
AGalega.gal retransmitirá catro concertos do Río Verbena Fest
Río Verbena Fest: festival musical de Pontevedra que se celebra o 22 e o 23 de agosto. Nel actúan artistas coma Álvaro de Luna, Loquillo, Carlos Sadness, Efecto Pasillo, Ysy A, Pignoise ou Malmö 040. Ademais, en AGalega.gal ofrecerá en directo de maneira gratuíta catro concertos do festival: Coque Malla (venres 22 ás 20:30), Xoel López (sábado 23 á 01:30), Carla Lourdes (sábado 23 ás 18:45) e Nil Moliner (sábado 23 ás 20:15).
Abanca Pantín Classic Galicia Pro: festival celebrado en Valdoviño, na praia de Pantín, que vai dende o 23 ao 31 de agosto. Neste reúnense algúns dos mellores surfistas do mundo, máis de cen, que veñen defender o seu título das categorías masculina e feminina. Tamén se disputan outras competicións coma o ABANCA Skate Contest, os Triales Wildcard Main Event e, a competición dos surfeiros, a World Surf League QS 4.000.
Festas de San Roque: festas de Vilagarcía de Arousa celebradas do 14 ao 24 de agosto. Nesta fin de semana, as festas contarán cos concertos de Marlena, Mondra, o grupo América de Vigo, David Bustamante... e con outras actividades e eventos coma o Festaclown, o espectáculo pirotécnico do Combate Naval ou o Desfile das Carrozas.
Festival Beatout: festival de música urbana, rap e hip hop celebrado na Coruña do 20 ao 23 de agosto. Conta cos concertos de Ralphie Choo cun artista convidado, Dirty Suc, Lúa de Santana e outros. Ademais terá lugar o showcase de talento local, Beatout TALENTS, un Freestyle social no que o ano pasado asistiron rapeiros coma Sara Socas e Foyone, e rematará cun Dj set.
Festival Irmandiño: este festival de música cultural e histórica lévase a cabo do 22 ao 24 de agosto en Moeche. Este, pretende dar voz ao movemento Irmandiño, xurdido no 1431. No festival actuarán Tanxugueiras, Mediarea, De Ninghures, Vimbio, Paracetafolk e Lina e Lola. Ademais contarán con xogos tradicionais, unha repichoca popular, unha comida campestre e o asalto infantil no Castelo de Moeche.
Festa da Empanada de Bandeira: festa gastronómica de Silleda que se fai dende o 21 ao 24 de agosto. Durante a fin de semana terán lugar eventos coma o XXVI Bandeirock e o XXXV Esmorgafolk. O día importante, no que se celebra o evento gastronómico, é o 23 de agosto, que está recoñecido como Festa de Galicia de Interese Popular.
Queimada Popular: terá lugar o 23 de agosto en Cervo. O evento comeza ás 10:00 horas da mañá e non será ata 13 horas despois que se fará a XLVII Queimada Popular de Cervo.
The Champions Burguer: festa gastronómica de competición de hamburguesas que se celebra na Coruña do 14 ao 24 de agosto. Será de entrada gratuíta e terá un horario de 18:00 a 00:00 de luns a xoves e de 12:00 a 00:00 de venres a domingo. No evento poderanse degustar as hamburguesas de 20 establecementos en formato de food truck e finalmente poderase votar pola mellor.
CanjazZ: festival internacional de jazz que se celebra en Cangas do 20 ao 23 de agosto. Nel actúan grupos coma Sun-Mi Hong Quintet, Guillermo Klein & Canjazz Reunión, Xurxo Estévez Trio ou Reijseger Fraanje Sylla entre outros.
Groba de Ponteareas: festiva de música clásica en homenaxe ao compositor Rogelio Groba celebrado en Ponteareas do 17 ao 23 de agosto. Esta fin de semana actúan F. Schubert, F. Mendelssohn, L. Janacek, P. Mascagni, R.Groba, A. Dvorak...
Festival Costa Feira: esta semana, o festival de música de Sanxenxo conta cos concertos de Juan Magán (21 de agosto), 2ManyDJS (22 de agosto) e Los Secretos (23 de agosto).
Festival Agrocuir: festa que celebra a diversidade sexual, afectiva e a de xéneroque se fai en Monterroso dende o 21 ao 23 de agosto. Dentro do evento poderemos atopar teatro, talleres e charlas, probas deportivas... e tamén contará con música tanto nos bares coma na Praza do Froito, onde actuará Uxía Pedreira, o Gato con Jotas e Tonita DJ.
Festa dos Callos de Limiaos: festa gastronómica celebrada o 24 de agosto no municipio de Lobios. Ese día, ás 14:00 horas, os presentes poderán degustar callos mentres disfrutan da animación musical da Banda de Música de Lobios.