Publicador de contidos

Publicador de contidos

As mellores festas e festivais da fin de semana

As mellores festas e festivais da fin de semana

A Festa da Auga, o Festival Costa Feira, A Peregrina...

Festas gastronómicas e culturais coma a do ovo frito, do mexillón...

Festa da Auga de Vilagarcía (Europa Press/Elena Fernández)
G24.gal 14/08/2025 10:32

Festas da Peregrina: Pontevedra segue coa celebración das súas festas en honra da Virxe da Peregrina ata o 18 de agosto. Dende o xoves haberá actuacións como as de Ortiga, The Rapants, De Ninghures, o concerto G5, Los 40 Sessions ou a propia banda de música de Pontevedra entre outros. Tamén contan con actividades coma un teatro infantil, espectáculo de fogos artificiais ou as propias atraccións da festa.

Festa da Auga: está englobada nas festas patronais de San Roque, en Vilagarcía de Arousa, dende o 15 ao 16 de agosto. A festa comeza na Praia de Compostela e o día principal é o sábado. Esta festa da o comezo, de maneira oficial, ás 12 da mañá e durante o día os veciños van tirando cubos de auga aos asistentes ou mesmo con mangueiras. A festa remata cando o corpo non poda máis, xa que os veciños seguen ca música e ca auga ata o día seguinte.

Festival Costa Feira: nova edición do festival musical que se fai en Sanxenxo no mes de agosto no que participan artistas do panorama nacional coma internacional. Esta fin de semana contarán cos concertos de Gordo (xoves), Café Quijano (venres) e Guitarricadelafuente (sábado) e o martes 19 actuará Camilo.

Sacra Festival: festival que conecta arte, natureza e música na Ribeira Sacra dende o 15 ao 16 de agosto. Nel actuarán grupos coma La Última Frontera, Dulzaro, Niño de Elche, Experimentanza ou Pamen Pereira entre outros.

Festival As Nosas Músicas: nova edición do festival de música tradicional feito en Couso, A Estrada, do 13 ao 14 de agosto. O xoves ten lugar a III Mostra de Artesanía ANM, ademais das actuacións de Pandereteiras de Buxán, Benofán, Lagharteiras, Sivaredonda, Alvariza ou Banda das Crechas entre outros.

Feira Artesanal e Mariñeira-Artemar: feira que promove a artesanía e os produtos do mar locais celebrada dende o 14 ao 17 de agosto en Ribeira. Artemar contará con ata 90 postos de alimentación restauración e artesanía, ademais de ofrecer obradoiros infantís, espectáculos nocturnos e ata un concurso de decoración.

Festa do Ovo Frito: festa gastronómica do 14 de agosto no municipio de Cervo onde os asistentes poderán degustar ovos fritos acompañados de chourizo, patacas fritas, pan e bebida a un prezo fixo de 7 euros.

Feira do Xamón: festa de exaltación ao xamón que terá lugar o municipio da Cañiza dende o 12 ao 15 de agosto, sendo este último o día propio da feira gastronómica. Ademais da degustación do embutido, os días previos contarán con concertos e actuacións de grupos musicais e orquestras. Tamén se celebrará o X Concurso Nacional de Cortadores do Xamón.

Festa do Mexillón de Combarro: a edición número 30 da festa celebrada en Combarro, Poio, onde se degustan os mexillóns, preparados de moitas maneiras diferentes, terá lugar do 14 ao 15 de agosto. Ademais, por suposto, contará con actuacións musicais ámbolos dous días para animar un pouco o ambiente coma as da bandas Take It Easy ou A banda do sequío.

Títiriberia: do 12 ao 17 de agosto, o municipio de Rianxo acolle a celebración deste festival dedicado aos monicreques tradicionais. O programa está formado por compañías, formacións e artistas que mostrarán os seus espectáculos e impartirán obradoiros.

Viñetas dende o Atlántico: festival de banda deseñada celebrado na Coruña dende o 11 ao 17 de agosto. Este festival inclúe exposicións, talleres, actividades para rapaces, sesións de firmas con autores e unha zona comercial con editoriais e librarías especializadas.

Nachiños Fest: festival de música celebrado no Porto de Curuxeiras en Ferrol o 14, 15 e 16 de agosto. Nel, actuarán artistas coma Ortiga, Malmö 040, Sexy Zebras, Filloas, Barry B ou 9Louro entre outros.

Jazz da Ría: festival que se leva a cabo en Narón, Cedeira, Neda e Valdoviño e que contará coa participación de formacións de jazz do momento coma  Sumrrá & Friends, Perico Sambeat Flamenco Quintet, Trilitrate ou Xan Campos_Amorodios entre outros. Terá lugar entre o 15 e o 19 de agosto.

Festas de San Roque en Betanzos: festas celebradas do 14 ao 25 de agosto en honra do patrón da cidade. Nelas actuarán a orquestra Panorama, o grupo Ritmo, un concerto tributo de Disney, a orquestra New York, a Olympus, a Capitol, celebrarase o XV Trofeo de Fútbol, a XXII Carreira e Andaina Popular de Betanzos e pechará as festas a París de Noia.

Festas de María Pita: festas celebradas na Coruña durante todo o mes de agosto. Esta fin de semana terá lugar o concerto 'Locos por la música' onde actúa Nacha Pop, Cómplices, Soraya e máis artistas (xoves) a Batalla Naval nas praias de Riazor e Orzán(venres), o Lembranza Rock (sábado) e o concerto de Coti (domingo).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar