Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Festa da Ameixa do Carril celebra o seu 30 aniversario preparando 3.000 quilos á mariñeira

A Festa da Ameixa do Carril celebra o seu 30 aniversario preparando 3.000 quilos á mariñeira

Servíronse arredor de 8500 racións a un prezo de 12 euros o prato

G24.gal 10/08/2025 14:33

Nestas potas a ferver é onde comeza a Festa da Ameixa do Carril. Aquí prepáranse hoxe un 3 mil quilos, seguindo a receita tradicional á mariñeira.

"Hoxe só é ameixa á mariñeira, a receita tradicional que se fai aquí no Carril é que non ten ningún segredo. Porque o segredo realmente é a ameixa de aquí", asegura Miguel Mosteiro, encargado da cociña da Festa da Ameixa do Carril.

Tendo un bo produto, din que o máis importante e manexalo con delicadeza. Sábeo ben Pepe Campos, historia viva desta festa. Foi el quen hai 30 anos organizou a primeira edición. 

"Canto menos anden coa espumadeira mellor, porque se non cáelle a cunha e parece que están baleiras", comenta Pepe Campos.

Ao mediodía estaban listas as primeiras racións. Os habituais da festa xa viñan coa tarteira preparada da casa. 

"Son as primeiras, si". "Moitísimas ganas". "Collémolas para levar e comémolas na casa", din dous asistentes á festa.

Mentres uns levaban as primeiras racións, outros facían ringleira para degustalas no recinto da festa, convertido nun restaurante con vistas á ría da Arousa.

"Están moi boas, moi boas, moi boas". "Aquí non hai fallo, é un valor seguro". "As ameixas están boísimas, levaba moitos anos con ganas de vir aquí e ao final conseguímolo", comentan os asistentes.

Unhas 8.000 racións de ameixa á mariñeira vanse degustar hoxe nesta Festa do Carril, declarada de Interese turístico Nacional.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos