Publicador de contidos

Publicador de contidos

As mellores festas e festivais desta fin de semana

As mellores festas e festivais desta fin de semana

O Marisquiño, festas do polbo, da lamprea seca...

Os maiores atractivos culturais, gastronómicos e musicais da fin de semana

Javier Vázquez/Europa Press
G24.gal 07/08/2025 11:30

O Marisquiño: festival de cultura urbano e deportivo celebrado en Vigo que cumpre nesta edición 25 anos. Nel celébranse catro Copas Mundiais: Skate (WCS), BMX (UCI, Dirt Jump) e Basket 3x3 (FIBA). Reúnense os mellores riders nacionais e internacionais para competir por saír campións. Ademais, é un festival gratuíto en fronte do mar que tamén xunta eventos culturais coma música en directo, exhibicións de grafitti e breakdance ente outros. Vai dende o 8 ao 11 de agosto. Contará con concertos coma os de Ralphie Choo, West Dubai, Parkineos ou Villano Antillano.

Festa da Carballeira: festival de música folclórica e tradicional galega e estranxeira que se celebra no municipio de Zas os días 8 e 9 de agosto e cumpre 40 anos. Nel actúan bandas coma Tanxugueiras, Catuxa Salom, Mercedes Peón, Ses, Agoraphobia ou A banda da loba.

Noroeste Estrella Galicia: festival que ten lugar en distintos lugares da Coruña, concretamente en 6 escenarios: escenario Praza de María Pita, Campo da Leña, Praza Azcárraga, C. de Santo Antón, O Portiño e a Praia de Riazor onde tocarán máis de 30 bandas entre o 6 e o 10 de agosto. Entre estas encóntranse Albert Pla, Nordés, Luar na Lubre, Grande Amore, Guadi Galego ou Mondra entre moitos outros.

Festa da Lamprea Seca: semana gastronómica celebrada en Arbo do 8 ao 10 de agosto dedicada á lamprea que contará coa degustación desta comida e actividades lúdicas coma o II Festival Lampre Music, a Andaina Popular da Lamprea Seca, o concerto da banda Treixadura ou o segundo festival da festa chamado Festival Arborock.

Festa do Mexillón e do Berberecho: do 7 ao 10 de agosto celébrase en Vilanova de Arousa esta festa gastronómica na que se pode degustar estes dous mariscos e que contará con eventos coma a Feira de Oportunidades, concerto da orquestra Panorama, ou o pasacalle da banda Mekánica Rolling Band.

Festival Internacional de Jazz e Blues: festa que comezou o 4 de agosto e remata o 8 do mesmo mes en Pontevedra. Este festival reúne ás figuras máis destacadas da música jazz e blues do panorama internacional e é de entrada gratuíta. Actúan bandas coma John Németh, Allo Negro, Litet Steg, Robben Ford e Verónica Switf.

XXXI Feira do Polbo: festa gastronómica que acolle a zona portuaria de Porto do Son durante o 9 e o 10 de agosto na que se poderá degustar este cefalópodo cociñado de maneira tradicional nas típicas olas de cobre. Tamén estará acompañada da Festa do Reguetón Antigo ou os concertos de Paco de Lena e Flow del Norte.

Festa da Ameixa do Carril: nova edición da festa gastronómica que enxalza as ameixas de Carril en Vilagarcía de Arousa o día 10 de agosto. Contará cunha degustación popular ata esgotar existencias e acompañarana os concertos de Pablo Balseiro e The Verbenian Orquestra.

Festas da Peregrina de Bertamiráns: festas relixiosas en honra da Virxe da Peregrina que se celebran en Bertamiráns do 6 ao 10 de agosto. Os actos relixiosos serán o domingo e o resto dos días teremos actuacións musicais coma a orquestra Panorama, a Compostela, a charanga Os Celtas, a Requinta da Maía ou CDC.

Festas da Peregrina de Pontevedra: dende o 8 ao 18 de agosto, Pontevedra celebra as súas festas en honra da Virxe da Peregrina. Contarán con multitude de actividades lúdico-festivas como o pasacalle da charanga OT, a verbena co grupo Cabaret, a actuación de Rías Baixas ou o grupo Os de Algures e o concerto de Marina Reche. Non todo é música, o sábado realizarase o traslado da carroza procesional para a ofrenda floral e tamén terá lugar esta fin de semana o Festival Floclórico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade