Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Maruxaina foi declarada inocente e celébrano na festa de San Cibrao

A Maruxaina foi declarada inocente e celébrano na festa de San Cibrao

San Cibrao cre que a serea é inocente e organízalle unha gran festa no seu corenta aniversario

G24.gal 10/08/2025 10:52

Celébrase esta fin de semana o cuadraséximo aniversario da Maruxaina, unha festa que cada segunda fin de semana de agosto xunta milleiros de persoas en San Cibrao, a carón da praia do Torno, o lugar en que se celebra un xuízo popular para decidir se a ninfa mariña con corpo de muller e pernas de serea debe ser queimada ou non, xa que hai quen di que pretende atraer os mariñeiros cara ás rochas e hai quen di que o que quere é afastalos delas. Finalmente a noite deste sábado quedou absolta e a festa que naceu na propia vila a carón desta lenda prolongouse durante toda a noite.

Este ano, para darlle maior pulo ao 40 aniversario, fixéronse actividades previas ao xuízo, como clases para nadar como as sereas ou visitas en barco aos Farallóns, as rochas en que segundo a tradición está a cova na que vive esta serea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar