Oito grandes incendios suman xa máis de 73.000 hectáreas calcinadas en Galicia
Este martes seguen activos en Galicia oito grandes incendios:
O de Chandrexa de Queixa e Vilariño (son un único incendio con arredor de 18.000 ha afectadas), Oímbra e Xinzo de Limia (A Granxa e Gudín 15.000 ha), A Mezquita-A Esculqueira (10.000 ha), Vilardevós-Vilar de Cervos (900 ha), Vilardevós-Moialde (500 ha), Larouco-Seadur (máis de 20.000 ha), Carballeda de Avia e Beade (Vilar de Condes e As Regadas 4.000 ha) e A Veiga-A Ponte (20 ha)
Chandrexa de Queixa (Requeixo e Parafita) e Vilariño de Conso-Mormentelos chega a 18.000 ha
Os incendios no concello de Chandrexa de Queixa comezaron o venres 8, na parroquia de Requeixo, e o martes 12 na de Parafita. O xoves 14, reactivouse o incendio do concello de Vilariño de Conso, parroquia de Mormentelos. Os tres acabaron por unirse nun só incendio, que permanece activo. Segundo as últimas estimacións provisionais, afectan unha superficie de arredor de 18.000 hectáreas, parte delas tamén nos municipios de Manzaneda, Montederramo, A Pobra de Trives, O Bolo e Laza.
Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado, 23 técnicos, 138 axentes, 168 brigadas, 104 motobombas, 17 pas, 16 unidades técnicas de apoio, 25 helicópteros e 26 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
Oímbra-A Granxa e Xinzo de Limia-Gudín arrasou 15.000 ha
O martes 12 iniciouse no concello ourensán de Oímbra, parroquia da Granxa, un incendio forestal que se uniu con outro rexistrado o pasado venres ás 17:22 horas na localidade ourensá de Xinzo de Limia, Gudín. Segundo as últimas estimacións, este incendio afecta unha superficie estimada de 15.000 hectáreas, ademais de nas localidades de Oímbra e Xinzo de Limia, nas de Monterrei, Cualedro, Verín, Laza, Trasmiras, Castrelo do Val e Baltar.
Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 18 técnicos, 114 axentes, 160 brigadas, 101 motobombas, 4 pas, 5 unidades técnicas de apoio, 18 helicópteros e 33 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
A Mezquita-A Esculqueira 10.000 ha
Desde as 09:42 horas do martes 12 está activo o incendio forestal que se iniciou no concello ourensán da Mezquita, parroquia da Esculqueira e que segundo as últimas estimacións provisionais afecta arredor de 10.000 hectáreas en territorio galego. Este incendio afecta tamén aos municipios da Gudiña e Viana do Bolo; así como a territorio da provincia de Zamora.
Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 8 técnicos, 36 axentes, 42 brigadas, 40 motobombas, 4 pas, 1 tractor, 3 unidades técnicas de apoio, 11 helicópteros e 20 avións. Neste incendio mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). Tamén colaboraron nas tarefas de extinción medios terrestres portugueses.
Vilardevós-Vilar de Cervos 900 ha
Está activo desde o mércores 13 ás 18:09 horas o incendio no concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Vilar de Cervos, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 900 hectáreas.
Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 3 técnicos, 19 axentes, 13 brigadas, 14 motobombas, 3 helicópteros e 5 avións.
Vilardevós-Moialde 500 ha
Na tarde do xoves 14 reactivouse o incendio forestal do concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Moialde, que se iniciou ás 16:05 horas do luns 11. Afecta, segundo as últimas estimacións provisionais, a arredor de 500 hectáreas.
Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 4 técnicos, 23 axentes, 36 brigadas, 21 motobombas, 3 pas, 10 helicópteros e 6 avións.
Larouco-Seadur 20.000 ha
Desde as 18.55 do mércores 13 está activo o incendio no concello de Larouco, parroquia de Seadur, que afecta a máis de 20.000 hectáreas en territorio galego (pendentes de nova estimación de superficie), no propio concello de Larouco e nos de Quiroga, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, A Rúa, Petín, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras.
Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 39 técnicos, 137 axentes, 177 brigadas, 130 motobombas, 11 pas, 4 unidades técnicas de apoio, 10 helicópteros e 15 avións. Neste incendio mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
Carballeda de Avia-Vilar de Condes e Beade-As Regadas 4.000 ha
O venres ás 16:38 horas iniciouse o incendio forestal do concello ourensán de Carballeda de Avia, parroquia de Vilar de Condes. Ese mesmo día, ás 18:16 rexistrouse outro na localidade ourensá de Beade, parroquia das Regadas. Os dous incendios uníronse nun só, que permanece activo e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 4.000 hectáreas, parte delas nos municipios de Avión, Melón, Leiro e Ribadavia.
Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 3 técnicos, 62 axentes, 97 brigadas, 63 motobombas, 4 pas, 2 unidade técnicas de apoio, 8 helicópteros e 12 avións.
A Veiga-A Ponte 20HA
Dende as 18:42 horas de onte está activo un incendio no concello ourensán da Veiga, parroquia da Ponte, que segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas (pendente de novas medicións) e que entrou en Galicia dende Castela e León.
Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 3 axentes, 5 brigadas, 1 pa, 1 avión e 4 helicópteros.
Maceda (Santiso e Castro de Escuadro) 3.500 ha
O domingo 10 e o martes 12 comezaron dous incendios forestais no concello ourensán de Maceda, nas parroquias de Castro Escuadro e Santiso, respectivamente. Ambos acabaron tamén por unirse nun só incendio que quedou estabilizado ás 00:37 horas deste martes. Segundo as últimas estimacións provisionais, este incendio afecta en conxunto unha superficie de arredor de 3.500 hectáreas, parte delas do municipio de Vilar de Barrio.
Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 11 técnicos, 89 axentes, 136 brigadas, 79 motobombas, 11 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 17 helicópteros e 18 avións. Neste incendio mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
Vilardevós-Fumaces e a Trepa 100 ha
Estabilizado desde as 01:39 horas deste martes o incendio iniciado ás 17:41 horas do xoves o incendio forestal no concello de Vilardevós, parroquia de Fumaces e a Trepa, que segundo as últimas estimacións roza as 100 hectáreas.
Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 2 axentes, 8 brigadas, 6 motobombas e 3 avións.
Riós-Trasestrada 20 ha
Estabilizado desde as 01:39 horas deste martes un incendio que comezou onte as 14:33 horas de no concello ourensán de Riós, parroquia de Trasestrada, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 20 hectáreas.
Para a súa extinción mobilizáronse, no seu conxunto, 2 axentes, 2 brigadas, 1 motobomba, 2 helicópteros e 3 avións.
Montederramo-Paredes 120 ha
Segue estabilizado desde as 10:35 horas do martes 12 o incendio forestal do concello ourensán de Montederramo, parroquia de Paredes, que se iniciou o luns ás 04:50 horas e que segundo as últimas estimacións afecta arredor de 120 hectáreas.
Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 6 axentes, 12 brigadas, 12 motobombas, 2 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 7 helicópteros e 7 avións.
Agolada-O Sexo 400 ha
Ás 12:34 horas deste luns quedou estabilizado o incendio forestal do concello de Agolada, parroquia do Sexo, que se iniciou o pasado venres e o cal, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 400 hectáreas. Neste incendio foi preciso activar a situación 2, medida adoptada de forma preventiva pola súa proximidade ao núcleo de poboación do Sexo.
Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 5 técnicos, 25 axentes, 42 brigadas, 45 motobombas, 4 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 4 helicópteros e 2 avións.
Muxía-Nosa Señora da O: 23 ha
Está controlado desde as 21:13 horas deste luns o incendio iniciado ás 13:13 horas do venres 15 na localidade coruñesa de Muxía, parroquia de Nosa Señora da O, que segundo as últimas estimacións afecta 23 hectáreas.
Mobilizáronse de xeito acumulado para a súa extinción 4 técnicos, 29 axentes, 43 brigadas, 24 motobombas e 1 helicóptero.
Cervantes-Vilarello: 150 ha
Está controlado desde este martes ás 08:35 horas o incendio rexistrado o sábado 16 ás 05:27 horas no concello lucense de Cervantes, parroquia de Vilarello, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 150 hectáreas.
Para a extinción do incendio mobilizáronse de xeito acumulado 11 axentes, 25 brigadas, 23 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.
O Saviñao-Chave: 60 ha
Desde as 01:58 horas deste martes está controlado o incendio do concello lucense do Saviñao, parroquia de Chave, que se iniciou o sábado ás 15:00 horas e o que, segundo as últimas estimacións, afecta a unha superficie de arredor de 60 hectáreas.
Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 11 axentes, 24 brigadas, 20 motobombas, 3 helicópteros e 2 avións.
A Fonsagrada-Monteseiro: 150 ha
Permanece controlado desde as 14:42 horas do domingo 10 de agosto o incendio forestal do concello lucense da Fonsagrada, parroquia de Monteseiro, que se iniciou ás 15:30 horas do martes día 5 e que, segundo as últimas estimacións, afecta arredor de 150 hectáreas.
Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 6 técnicos, 81 axentes, 105 brigadas, 110 motobombas, 3 pas, 8 helicópteros e 8.
San Cibrao das Viñas-Rante: 60 ha
Está controlado desde ás 01:24 horas deste martes o incendio iniciado o pasado sábado ás 14:30 horas no concello de San Cibrao das Viñas, que segundo as últimas estimacións supera as 60 hectáreas.
Na súa extinción participaron, de xeito acumulado, 1 técnico, 16 axentes, 30 brigadas, 19 motobombas, 2 helicópteros e 4 avións.
Os técnicos continúan observando e avaliando a situación de todos os núcleos de poboación que poden verse afectados polos incendios. Con todo, durante a tarde, non houbo novas evacuacións ou confinamentos.