Publicador de contidos

Publicador de contidos

Na comarca do Ribeiro permanece activo o incendio que afecta a Carballeda de Avia e Beade

Na comarca do Ribeiro permanece activo o incendio que afecta a Carballeda de Avia e Beade

Desde o venres arderon na comarca do Ribeiro máis de 4.000 hectáreas

Parte delas nos concellos limítrofes de Avión, Melón, Leiro e Ribadavia

G24.gal 19/08/2025 21:24 Última actualización 19/08/2025 21:48

Atopamos os efectivos do Exército de Terra traballando sobre o terreo nos labores de extinción recibindo indicacións de quen mellor coñece estes montes. "Cando se quere tapar anaquiños pequenos de monte que quedan sen arder, ás veces faise mal e ao día seguinte dá problemas sobre todo cando hai mimosas. É mellor deixar que arda contra un camiño. Se lle quedan poucos metros por arder, uns 25 ou 30 metros, é mellor que o terreo siga ardendo ata o camiño". É a explicación que o axente medioambiental Rubén lles deu estes militares.

Na mañá deste martes a situación semellaba máis tranquila que en días pasados tanto en Beade como en Carballeda de Avia.

"Hoxe polo menos vénme o sorriso á cara e estou contento porque salvamos que o lume non entrara nas nosas vilas", di Luis Milia, alcalde de Carballeda de Avia.

Co fume no ambiente e entre terra queimada, non se confían. Teñen moi presente o acontecido o domingo cando o vento virou e reavivou as lapas. Vivíronse momentos de gran tensión. Un lume que comezou o venres en varios focos simultáneos. Na memoria desta comarca, os incendios de 2017 nos que morreu un veciño de Muimenta e arderon catorce casas.

"O que lles pedimos ás autoridades, sexa o Goberno central sexa a Xunta, é que se acorden dos nosos montes. Os nosos montes non poden quedar abandonados porque senón a historia repítese". É a petición que fai o alcalde de Carballeda de Avia.

Desde o venres arderon na comarca do Ribeiro máis de 4.000 hectáreas. Parte delas nos concellos limítrofes de Avión, Melón, Leiro e Ribadavia. O incendio permanece activo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade