Claudio: "A nosa historia tennos que axudar a entender ben onde estamos"
Hugo Álvarez non viaxa a Mallorca debido a un proceso gripal
O adestrador do Celta non esconde que o seu equipo necesitará mellorar a imaxe que ofreceu no debut ligueiro ante o Xetafe, a pesar de que incidiu en que, para el, o máis xusto sería “un empate” nese partido.
“A nosa historia tennos que axudar a entender ben onde estamos, quen somos. Temos que remar todos xuntos, temos que estar unidos como estamos, pero sabendo que as últimas dez tempadas só estivemos dúas veces entre os dez primeiros”, avisou.
Giráldez pediu aos seus xogadores que “defendan e ataquen cada acción coma se fose a última” porque só así conseguirán render como o fixeron a pasada tempada, cando lograron o billete para a liga Europea.
“Ás veces esquecémonos todos de que club somos, de que tempada temos por diante e o difícil que é para nós gañar cada partido. O ano pasado, cando o entendemos, fomos capaces de coarnos nunha posición clasificatoria que ninguén contaba connosco, por encima de equipos con máis estrutura, con máis historia, con máis orzamento nese tipo de clasificacións europeas”, manifestou.
Hugo Álvarez non viaxa a Mallorca debido a un proceso gripal.