Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chega o lume á Ribeira Sacra

Chega o lume á Ribeira Sacra

Arden en Carballedo máis de cincuenta hectáreas

G24.gal 23/08/2025 21:10

Chega o lume á Ribeira Sacra cun incendio en Carballedo no que arderon máis de cincuenta hectáreas.

Comezou o xoves na parroquia da Cova e pasou seguidamente á de Oleiros. O peor, segundo nos conta o alcalde, Julia Yebra, "viviuse pola noite, xa que polo día, ao estarmos a carón do encoro, iso facilitou que os medios aéreos puidesen cargar auga dun xeito máis doado".

En total arderon máis de cincuenta hectáreas, e tampouco librou do lume a subestación dos Peares, que non prendeu nela grazas aos cortalumes.

No resto da provincia quedou estabilizado o incendio de Quiroga, un lume que tardou oito días en estabilizarse e que arrasou un terzo do concello lugués.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade