Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ribadavia inaugura a 62ª Feira do Viño do Ribeiro

Ribadavia inaugura a 62ª Feira do Viño do Ribeiro

O evento prolongarase ata o domingo 4 de maio no corazón da comarca

G24.gal 01/05/2025 21:42

Ribadavia acolleu este xoves a inauguración da 62ª edición da Feira do Viño do Ribeiro, que se celebrará ata o domingo 4 de maio neste concello ourensán.

Ao acto asistiron a conselleira do Medio Rural, María José Gómez; o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez; o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos; e o presidente da Deputación, Luis Menor, quen definiu o viño de O Ribeiro como "un dos grandes emblemas" da provincia e "embaixador da marca Ourense".

Menor destacou que esta feira mantén viva a tradición vitícola da comarca, pon en valor o esforzo dos produtores e exalta a calidade dos viños locais. Tamén fixo fincapé nas potencialidades da zona, tanto no eido vitivinícola como no termal, resaltando a boa conexión con Madrid grazas ao AVE.

A Denominación de Orixe máis antiga de Galicia

Pola súa banda, María José Gómez lembrou que a Denominación de Orixe Ribeiro é a máis antiga de Galicia, con máis de 90 anos de historia. Actualmente conta con 1.255 hectáreas de viñedo, 1.487 viticultores e un cento de industrias rexistradas.

A conselleira atribuíu a "excelente" calidade dos viños ao traballo e profesionalidade dos viticultores e adegueiros integrados no consello regulador.

O subdelegado Eladio Santos felicitou os profesionais participantes pola súa contribución a que a Denominación de Orixe Ribeiro sexa "sinónimo de autenticidade e prestixio dentro e fóra das fronteiras galegas".

"Celebramos un produto moi premiado, pero tamén unha historia, unha cultura e unha maneira de entender o vínculo coa terra", engadiu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos