Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Xabarín celebra o 40 aniversario da Galega en Balaídos e dálle sorte ao Celta

O Xabarín celebra o 40 aniversario da Galega en Balaídos e dálle sorte ao Celta

A deste sábado era a primeira visita do Xabarín ao campo do Celta e ...  O Celta gañou!!!

O Celta anunciou por megafonía o Xabarín e o aniversario de TVG e o noso porco bravo máis famoso saíu no descanso ao campo mentres soaba "Somos do Clube da Galega"

O Xabarín deu o seu saúdo clásico "Hai alguén aí?"

O Xabarín sendo entrevistado a pé de campo pola Televisión de Galicia
G24.gal 10/05/2025 21:14

A Televisión de Galicia cumpre corenta anos, e unha das nosas estrelas, o Xabarín, quixo estar hoxe no partido do Celta contra o Sevilla para saudar a todo o público na súa primeira visita a Balaídos.

Corenta anos e está coma un rapaz. O xabaril máis famoso da televisión, a imaxe icónica da Televisión de Galicia está máis viva ca nunca.

Na tarde deste sábado, coma unha estrela de Hollywood saíu no descanso do partido entre o Celta e o Sevilla, tras ser anunciado por megafonía, para saudar e contaxiar de alegría a todo o público, tanto os que estaban no campo coma os milleiros de persoas que o estaban vendo na televisión en todo o mundo. 

O noso porco bravo saíu a correr polo céspede tan pronto como comezou a soar "Somos do Clube da Galega". Ao público dedicoulle o seu saúdo clásico: "Hai alguén aí?" e despois foi entrevistado a pé de campo polo noso compañeiro de deportes Tomás Alonso.

Durante o descanso, nos vídeomarcadores do Celta tamén se proxectou unha recompilación de imaxes de momentos históricos do Celta coa música do Xabarín Club, en concreto co tema "Hai que pensalo moi ben" do grupo vigués Aerolineas Federales.

O porco bravo desfrutou e animou e tamén lle deu sorte ao Celta na súa primeira visita a Balaídos, —O Celta gañou!!!!—  Antes de despedirse celebrou a vitoria heroica do Celta contra o Sevilla e desexoulles sorte por Europa.

O xabarín pisando o céspede de Balaídos, celebrando o 40 aniversario da Galega O xabarín pisando o céspede de Balaídos, celebrando o 40 aniversario da Galega
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade