Publicador de contidos

Publicador de contidos

Piden pasos de peóns en Caldas ante o alto risco para atravesar a N-550

Piden pasos de peóns en Caldas ante o alto risco para atravesar a N-550

O Cruceiro e Casalderrique son dous puntos perigosos polo tráfico en que cruzan moitos viandantes, residentes e peregrinos

Camiñantes da ruta portuguesa atravesaban este mércores a N-550 en Casalderrique, Caldas de Reis
G24.gal 25/06/2025 14:06

O de Casalderrique é un tramo da estrada nacional 550 no concello de Caldas con moito risco para quen a atravesan. Son moitas persoas, veciñas da zona e peregrinos,  para ir dun lado ao outro da estrada por motivos diversos. O problema é que non teñen por onde cruzar de xeito seguro.

"Que pasan moitos coches, e é perigoso porque pasan moitos coches e tes que mirar para os dous lados e controlar ben para poder pasar", di Ruth.

E que non todos cumpren o límite de velocidade máxima a 70 e a calzada ten ancho a maiores para os desvíos dos coches a ambos lados. 

"Máis ancha, e xa vedes que o tráfico é intenso e moi perigoso, e tamén é o paso dos peregrinos, que moitas veces teñen que quedar no medio e medio da estrada para poder atravesar a estrada", engade.

Como Ruth, do Gorgullón, outros residentes reclaman a acción do Ministerio de Transportes para mellor a seguridade viaria dos peóns no paso dun lado ao outro da estrada. O problema sófreo tamén quen camiña pola ruta portuguesa cara a Santiago.

"Cruzar é bastante perigoso para os camiñantes, si. Hai que pasar correndo, porque os coches veñen moi rápidos", di un.

"Un punto moi perigoso. Moi perigoso", reitera outra.

"Perigoso. Un punto perigoso. Tes que mirar a ambos os lados, cos coches vindo rápido, pasas correndo. Pareceume perigoso", engade outro camiñante.

Un risco parecido téñeno os mesmos usuarios un quilómetro antes, no Cruceiro, onde tampouco hai punto seguro para atravesar dunha beiravía á outra. Como solucións reclaman paso de peóns, mesmo outras propostas. Residentes e camiñantes coinciden en que a sinalización existente é insuficiente para poder atravesar con seguridade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade