Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un mel galego sitúase entre os 30 mellores do mundo nun concurso nos Estados Unidos

Un mel galego sitúase entre os 30 mellores do mundo nun concurso nos Estados Unidos

O mel gañador é o monofloral de castiñeiro de Dezabellas

O apicultor comezou hai uns dez anos con dúas colmeas e agora ten 120

G24.gal 25/06/2025 13:40

O mel monofloral de castiñeiro que sae das colmeas de Álvaro Martínez suma moitas distincións. Dezabellas gañou o ouro no concurso Mel 5 Estrelas da Asociación Galega de Apicultura, e seguiu con premios en Londres, París e nos Estados Unidos, onde quedou entre os 30 mellores do mundo. Álvaro está encantado con estes éxitos.

"É unha satisfacción moi grande polo esforzo e o traballo que leva, combinado co outro traballo que é o meu habitual e, despois, a satisfacción de que un mel galego, de aquí de Lalín, estea entre os trinta mellores e poña en valor a calidade dos meles galegos".

Álvaro compaxina o seu traballo de apicultor co de protésico dental en Lalín. Comezou hai uns dez anos con dúas colmeas e agora ten 120 en produción en Soutullo e na zona do Candán. A última colleita xa a ten esgotada.

"Para este ano a demanda aínda foi máis da habitual e xa hai máis dun mes que acabamos a produción, pode quedar algún bote nalgunha tenda, pero a xente cada vez fala máis dela e anímase a probala e quen a proba, engánchase".

Para abastecer a demanda destes clientes satisfeitos, Álvaro pensa continuar co seu traballo de apicultor, medrar sen renunciar a unha produción tradicional.

"Chegar cada vez a máis padais, mantendo a calidade e conservando o medio natural como estamos a facer".

Con estes obxectivos, traballa xa para conseguir no mes de agosto unha boa colleita, que, segundo agarda, terá a mesma calidade que a do mel premiado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade