Publicador de contidos

Publicador de contidos

Concursos morfolóxicos, carreiras e exhibicións na feira cabalar de Lalín

Concursos morfolóxicos, carreiras e exhibicións na feira cabalar de Lalín

A feira, que repartiu 6.000 euros en premios, rematou a tarde do domingo cun espectáculo ecuestre

G24.gal 26/04/2026 20:15 Última actualización 26/04/2026 20:58

Os cabalos foron os protagonistas esta fin de semana en Lalín.

"Tanto me gustan como medo me da porque é un animal moi alto, aínda que pode ser dócil, pero dame medo".

"Preciosos, preciosos, paga a pena", contan unhas persoas do público.

Centos de persoas asistiron ás carreiras e aos distintos concursos morfolóxicos que se celebraron no mercado gandeiro.

"Aos cabalos míraselles o paso, ao trote e parados, que teñen que botar o pescozo para diante e así vemos as características do pescozo e da cabeza", explica o xuíz Emilio Carriedo.

"Imos correr na serrada de máis de 1,50, cabalos grandes. Trátase de correr no menos tempo posible avanzando cos dous pes ao mesmo tempo", di Jorge Pereira, xinete que participa nas carreiras.

Xinetes e afeccionados participaron na tradicional ruta a cabalo.

"Para min é como un soño, sempre houbo cabalos na casa e intento dedicarme ao que me gusta e presentalos", conta Alejandro Garaloces, da eguada Garaloces.

"Coñecemonos todos, desde aquí ata Portugal, toda Galicia é de andadura", asegura José Ameneiros, outro xinete.

Para o remate da festa estaba programado un espectáculo ecuestre de nivel internacional con coreografía e doma. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade