Publicador de contidos

Publicador de contidos

A CRTVG e a Liga Genuine únenese nun proxecto social e solidario no Torneo MS2

A CRTVG e a Liga Genuine únenese nun proxecto social e solidario no Torneo MS2

G24.gal 15/06/2025 15:01

Con motivo dos 40 anos de Televisión de Galicia, presentadores e locutores desta casa disputaron un partido de futbol amigable en Vigo cos participantes da Liga Genuine, un proxecto social e solidario na que deportistas con discapacidade intelectual emulan os seus ídolos deportivos. O resultado foi o de menos, pero as ganas de pasalo ben e consolidar unha iniciativa solidaria presidiron toda a xornada.

Xornalistas da Compañía de Radio Televisión de Galicia enfrontáronse a un equipo formado por integrantes do Celta e do Deportivo da Liga Genuine e regalaron os espectadores coas súas habilidades. Esta práctica solidaria forma parte do torneo MS2 que vén organizando dende hai seis anos Michel Salgado, o que fora xogador do Celta e da selección española. E aínda que o que conta é o espírito integrador e solidario do deporte, o certo é que os xogadores da casa sucumbiron ao empuxe da entente Celta-Dépor. Un a dous, o resultado final.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade