Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nace G24Play: A primeira plataforma pública galega de noticias en vídeos curtos

Nace G24Play: A primeira plataforma pública galega de noticias en vídeos curtos

A CRTVG lanza o Día das Letras Galegas un novo servizo de noticias dirixido ao consumo en teléfonos móbiles

Serán vídeos moi curtos, directos e moi sinxelos de compartir nas redes e nas apps de mensaxería

É unha plataforma propia, non rexida polos algoritmos das grandes multinacionais da comunicación mundial

G24.gal 17/05/2025 07:55

Os servizos dixitais da CRTVG son os máis consumidos de entre todos os entes autonómicos de España, e seguen a medrar. Só en Instagram, G24 chegou a 2 millóns de persoas no último mes, con case 40 millóns de reproducións nas últimas catro semanas. E en TikTok o último mes supuxo 2,3 millóns de impactos, con 15 millóns de reproducións dos seus vídeos.

Neste contexto, e no Día das Letras Galegas, nace un novo servizo informativo: G24play, pensado especialmente para o consumo en teléfonos móbiles de noticias en formato de vídeos moi curtos e directos. Esta nova canle ten a peculiaridade de que dota a Corporación de autonomía de manobra sobre os grandes operadores foráneos.

G24Play é unha web e unha app propia, que non depende das normas nin dos algoritmos programados polas grandes corporacións tecnolóxicas mundiais de comunicación como X, TikTok ou Instagram.

G24Play é unha nova forma de informarse en galego sobre todo o que acontece en Galicia e no mundo de xeito moi sinxelo e moi doado de compartir nas redes e nas apps de mensaxería. A nova plataforma recollerá as principais noticias de G24, o portal informativo da canle pública galega, e adaptaraas a un formato vertical, con subtitulado e de curta duración.

G24play será accesible desde www.g24.gal ou directamente en G24play.gal, con app accesible de momento para Android, e que estará dispoñible en en iOS proximamente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade