Vero Boquete quere rachar outra barreira: "Gustaríame adestrar no fútbol masculino"
A xogadora galega está pendente de renovar na Fiorentina, onde fixo unha gran temporada con oito goles e oito asistencias
Na súa volta a Galicia, Vero Boquete recibiu outro baño de multitudes. Foi na final do Internacional de Squash de Santiago, onde se lle recoñeceu tanto a súa carreira como a última temporada na Fiorentina, na que rematou con oito goles e oito asistencias. Con todo, o seu bo rendemento nas seis últimas campañas en Italia non se viu recompensado cunha volta a selección á que leva oito anos sen acudir.
"O que me chama é adestrar, e gustaríame facelo en fútbol masculino. Sería rachar unha barreira que está a custar".
Precisamente esa loita levou a que recentemente se lle chegara a formular a posibilidade de dirixir o fútbol feminino. Non a aceptou porque Verónica, como ela mesma recoñece, séntese máis cómoda no campo ou preto del. Mentres tanto, a galega está a negociar a renovación coa Fiorentina para seguir facendo maxia.