O Wolverhampton lánzase a por Fer López
Jorge Mendes, representante do xogador e con moita influencia no club inglés, podería levar á perla da canteira celeste á Premier League
Son horas convulsas no celtismo. A posibilidade de que Fer López, a perla da canteira, marche á Premier League é motivo dabondo. O Wolverhampton lanzouse a polo xogador do Celta unha vez completada a venda de Matheus Cunha ao Manchester United. Con 70 millóns no peto busca substitutos para esa posición e a opción de Fer López é unha das favoritas.
O xogador está representado polo portugués Jorge Mendes que á vez é socio do dono dos Wolves, Guo Guangchang. O seu prezo, de 20 millóns de euros, é unha cantidade moi asumible para calquera equipo da Premier. Cando renovou López polo Celta a cláusula pasaba a ser de 40 millóns unha vez asinase contrato co primeiro equipo pero agora mesmo ten ficha do filial algo do que agarda tirar proveito o Wolverhampton.