Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza o proceso no Parlamento para a remuda da Dirección Xeral da CRTVG

Comeza o proceso no Parlamento para a remuda da Dirección Xeral da CRTVG

O PPdeG propón a xornalista Concepción Pombo, actual directora de Información e Documentación da CRTVG, como nova directora xeral da CSAG

G24.gal 13/05/2025 11:33 Última actualización 13/05/2025 12:47

Esta mañá pechouse o prazo para que os partidos presentasen as súas candidaturas á Dirección Xeral da CSAG, a entidade que legalmente substitúe a Corporación de Radio e Televisión de Galicia.

O Partido Popular presentou a xornalista Concepción Pombo, actual directora de Información e Documentación da CRTVG; o resto de formacións non presentaron candidaturas. Tanto o BNG como o PSdeG criticaron o perfil "continuísta" da proposta, mentres que Democracia Ourensana estudará o seu perfil antes de decidir o seu posicionamento. 

A comisión de control dos medios públicos, avalará ou non esa candidatura única que, segundo recolle a nova lei de servizos audiovisuais de Galicia, deberá ser votada no Parlamento galego tras un máximo de tres votacións en que serán precisas maiorías de dous terzos, tres quintos ou absoluta, en última instancia.

Concha Pombo comparecerá o próximo 27 para presentar o seu proxecto ante a comisión pertinente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade