O Goberno queda só para defender o sistema de financiamento singular para Cataluña
Os inspectores de Facenda advirten que, se Cataluña recada todos os impostos, afectará ao resto de comunidades
O socialista García-Page insiste nas súas críticas
O Goberno defende que a reforma do sistema de financiamento atende as singularidades de Cataluña e que á vez é compatible coas necesidades de todas as comunidades autónomas.
O que se coñece do acordo entre Goberno e Generalitat non lles gusta nin aos independentistas. Carles Puigdemont escribía que ese acordo o que pretende é xeneralizar o que é singular.
Seguir a postura de Cataluña ou do País Vasco, negociar de forma bilateral é o que esixe o BNG para Galicia.
Os inspectores de Facenda vanse pronunciar mañá. Nun comunicado advirten que, se Cataluña recada todos os impostos, afectará ao resto de comunidades. Unha posición á que se suman outras voces.
Emiliano García-Page cuestiona dende o PSOE. E no Partido Popular advirten de que o financiamento singular pactado entre Sánchez e Illa terá consecuencias negativas para o resto de comunidades.