Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Parlamento rexeita crear unha comisión de investigación sobre a tramitación de Altri

O Parlamento rexeita crear unha comisión de investigación sobre a tramitación de Altri

O PP votou en contra da iniciativa do BNG, reprochou as "loiadas da oposición" e defendeu a transparencia da Xunta

Para nacionalistas e socilialistas o voto en contra dos populares demostra que "teñen algo que ocultar"

Arquivo Arquivo
G24.gal 10/03/2026 08:35 Última actualización 10/03/2026 11:25

O PPdeG rexeitou a creación dunha comisión de investigación no Parlamento galego sobre o proxecto de Altri en Palas de Rei, que reclamaba a oposición, á que acusou de "mentiras" e "difamacións" sobre a tramitación deste expediente, cuxo arquivo xa anunciou a Xunta.

Os votos do PPdeG fixeron que non saíse adiante este martes, no pleno do Parlamento, a iniciativa presentada polo BNG, e apoiada polo PSdeG, para "coñecer toda a verdade" sobre as "irregularidades" que cren que hai tras este proxecto e pediron que se "desclasifiquen os papeis" do acordo asinado pola Xunta coa multinacional portuguesa.

O portavoz do PPdeG no Parlamento, Alberto Pazos, instou á oposición para continuar no xulgado con esta petición exposta polo BNG ante o Tribunal Superior de Galicia (TSXG), que a admitiu a trámite, porque se a xustiza di que se pode facer pública esta documentación que é confidencial, segundo a Xunta, quedaría acreditado "todo o que mentiu" a oposición.

Para a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, está claro que o proxecto de Altri é un exemplo de que a Xunta é "capaz de cometer todo tipo de irregularidades para favorecer intereses privados" e "ten medo de que se coñeza a verdade" sobre esta "traizón" que o pobo galego "non esquecerá", advertiu ao PP.

Pola súa banda, a deputada do PSdeG Patricia Iglesias chegou a falar de "posible tráfico de influencias" na tramitación do proxecto de Altri e asegurou que se a Xunta segue negando información, tamén o seu partido valora "acudir aos tribunais" para coñecer toda a documentación respecto diso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade