O portavoz do PP ratifica as acusacións de acoso contra a alcaldesa da Coruña
Miguel Lorenzo di que ten probas sobre situacóns de acoso verbal e administrativo sobre tres funcionarios municipais
Non houbo acordo entre a alcaldesa da Coruña, Inés Rey e o portavoz municipal do Partido Popular en relación ás acusacións de acoso contra tres funcionarios realizadas por Miguel Lorenzo nun pleno municipal.
Este luns celebrouse no xulgado o acto de conciliación no que o portavoz popular ratificou as súas declaracións. Os traballadores, supostamemnte acosados, facilitaranlle información á Fiscalía en relación a unhas obras realizadas nunha propiedade do concelleiro de Economía, Lage Tuñas.
Inés Rey non acudiu ao xulgado. A Galega preguntoulle sobre este asunto, pero a alcaldesa só quixo referirse a unha entrevista concedida a esta casa a pasada semana. Rey tampouco quixo responder a outros medios de comunicación que insistiron en coñecer o seu posicionamento neste proceso xudicial. Agora, a alcaldesa deberá decidir se dá un paso adiante e acode á vía penal.