Unha funcionaria de Tui denuncia o alcalde e un concelleiro por acoso
O PSdeG asegura que non ten coñecemento de ningunha denuncia previa nas canles internas da formación
Unha funcionaria do Concello de Tui denunciou o alcalde por acoso. O partido asegura que non ten coñecemento de ningunha denuncia previa nas canles internas da formación.
A investigación xudicial dentro do consistorio iniciouse pola denuncia da funcionaria, que alegou acoso laboral e sexual a raíz dunhas mensaxes en que, segundo a denunciante, o alcalde lle fixo comentarios machistas.
Primeiro denunciou un edil e logo o propio alcalde. No partido respectan a acción xudicial e aclaran que non tiñan coñecemento deses feitos.
Desde as filas populares mostran a súa sorpresa ante a falta de medidas da dirección do PSdeG.
O grupo municipal do PP xa lle pediu ao alcalde que compareza para dar explicacións ante esa denuncia.