A Eurocámara retira a inmunidade a Alvise para que sexa xulgado por acoso a unha fiscal
O presunto delito cometeuse entre xaneiro e febreiro de 2024, meses antes de que o líder de Se Acabó la Fiesta fose elixido eurodeputado
Alejandro Martínez Vélez/Europa Press
O pleno do Parlamento Europeo retirou este martes a inmunidade parlamentaria ao líder de Se acabó la Fiesta' (SALF), Luis 'Alvise' Pérez, para que prosiga a investigación que lle abriu o Tribunal Supremo por acoso á fiscala delegada contra delitos de odio en Valencia, Susana Gisbert.
Nunha votación a man alzada, o pleno avalou o informe redactado polo italiano Mario Furore, eurodeputado do Movemento Cinco Estrelas e parte do grupo da Esquerda no Parlamento Europeo, que recomendou levantar a inmunidade do líder de SALF porque os feitos denunciados tiveron lugar antes de que fose eurodeputado e non se considera que a acusación sexa para prexudicar a súa actividade política.
O presunto delito cometeuse entre xaneiro e febreiro de 2024, meses antes de que Pérez fose elixido eurodeputado en xuño dese ano, polo que "non era deputado do Parlamento Europeo no momento da presunta comisión dos delitos".