Publicador de contidos

Publicador de contidos

A oposición reprende a Inés Rey pola perda do Mundial 2030 na Coruña

A oposición reprende a Inés Rey pola perda do Mundial 2030 na Coruña

PP e BNG falan de fracaso histórico para a cidade e o Goberno local xustifica o seu paso atrás

G24.gal 27/03/2026 14:54

O Concello admite que A Coruña quería acoller partidos do Mundial 2030, pero di que as esixencias da FIFA eran inasumibles. Intentaron rebaixalas, pero non foron quen.

"Afrontamos o proxecto con ilusión. Queriamos ser sede, pero non a calquera prezo", dixo o tenente de alcaldesa, José Manuel Lage Tuñas.

A oposición amósase moi dura coa xestión de Inés Rey. O BNG fala de fracaso e de falla de liderado.

"O Goberno de Inés Rey fracasou, non tivo a capacidade de sacar adiante o proxecto, e o anuncio da semana pasada parécenos unha tomadura de pelo", espetou David Soto, voceiro da formación nacionalista.

O PP, pola súa banda, acusa a alcaldesa de enganar os coruñeses e de deixar pasar unha oportunidade histórica.

"Dixeron que era un fito histórico, un proxecto único, tamén para Galicia. Todo foron mentiras, non tiveron en conta o estudo da universidade con todos os cartos que se ían xerar. O doado é facer a foto coa camiseta de Naranjito, pero o que queda de todo isto é un ridículo mundial", asegurou Miguel Lorenzo, o portavoz dos populares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade