Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno estima que a economía medrará o 2,6 % no 2026

O Goberno estima que a economía medrará o 2,6 % no 2026

O Consello de ministros aproba o cadro macroeconómico, o primeiro trámite para os Presupostos Xerais do ano que vén

A próxima semana celebrarase un Consello de Política Fiscal e Financeira

G24.gal 29/06/2026 14:51

Intentou antes pero, en toda a lexislatura, o Goberno non conseguiu aprobar uns presupostos xerais. Volve a intentalo este martes en que o Consello de Ministros aprobou o cadro macroeconómico, a primeira pedra sobre a que construiír unhas contas públicas.

Estima que a economía medrará este ano un 2,6 % e que o paro baixará do 10 %. Para a semana que vén, convoca as comunidades autónomas nun Consello de Política Fiscal e Financeira para fixar o teito de gasto e os obxectivos de déficit.

Segundo Carlos Cuerpo, vicepresidente primeiro e ministro de Economía, o seu obxectivo é "ir cumprindo prazos cun calendario regular", e, polo momento, indica, van "ben". 

Pero Sumar parece desconfiar do socio e mete presión.

"Estamos na recta final da lexislatura e pídolle ao PSOE que actuemos", instou Yolanda Díaz, vicepresidenta segunda e ministra de Traballo. 

Pero o Goberno non o vai ter fácil no Congreso, perdeu o apoio da maioría dos socios, entre eles, de Podemos. Segundo o seu voceiro, Pablo Fernández, "Pedro Sánchez mexa pola xente e dilles que chove".

Cada vez máis voces piden un adianto electoral, con máis rotundidade o PP.

Alberto Núñez Feijóo cre que Pedro Sánchez está facendo "enxeñería electoral" para alterar o censo electoral coa chamada lei de netos. Nunha entrevista en esRadio, o líder dos populares asegurou que "como cos votantes actuais non lle saen as contas, imos ver se fabricando votantes lle saen as contas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade