Publicador de contidos

Publicador de contidos

O BNG reclama o recoñecemento plurinacional do Estado

O BNG reclama o recoñecemento plurinacional do Estado

Ana Pontón demanda o dereito de Galicia a decidir desde un novo status de nación

G24.gal 28/06/2026 13:13

O BNG propón reformar o Estatuto para que Galicia xestione o 100 % dos seus recursos. A súa portavoz, Ana Pontón, demandou o recoñecemento plurinacional do Estado e o dereito de Galicia a decidir desde un novo status de nación.

Nun acto celebrado en Pontevedra onde o partido conmemorou o aniversario do plebiscito do Estatuto de 1936, a líder nacionalista asegurou que unha das apostas do  BNG é dotar Galicia dunha soberanía financeira e fiscal e reclamoulle ao Estado máis competencias para Galicia.

"O BNG vai poñer sobre a mesa antes de finalizar este ano unha proposta de novo estatus político para Galiza, que recoñeza a plurinacionalidade do Estado e a nosa condición de nación. Unha proposta que nos dea ferramentas máis potentes para mellorar a vida das persoas deste país", asegurou a portavoz do BNG, Ana Pontón

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade