Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda pídelle a Besteiro que "non estorbe" e colabore para que o proxecto de SAIC "chegue a bo porto"

Rueda pídelle a Besteiro que "non estorbe" e colabore para que o proxecto de SAIC "chegue a bo porto"

O líder socialista salienta as xestións realizadas por Pedro Sánchez na China para que este proxecto se instale en Galicia, e dille a Rueda: "Cumpra os prazos e non o estraguen"

O sector da automoción prepárase para a demanda de man de obra cualificada de SAIC

A portavoz do BNG pídelle ao presidente que retire o "plus antibaixas" e responsabiliza a Rueda da duración das baixas por ter "colapasada a sanidade pública"

G24.gal 03/06/2026 08:28

O anuncio do xigante automobilístico asiático SAIC, propietario de MG, para instalar en Ferrolterra a súa primera fábrica en Europa de vehículos eléctricos centrou a sesión de control ao Goberno celebrada no Parlamento galego.

O presidente da Xunta asegura que estamos ante un proxecto de país que beneficiará non só a comarca de Ferrolterra, senón toda Galicia. Un proxecto que permitirá crear 2.300 postos de traballo e xerará uns 2.000 millóns de euros de investimentos.

Alfonso Rueda pídelle ao líder do PSdeG que nesta ocasión foxa do "negacionismo industrial" e apoie a Xunta neste proxecto. Bótalle en cara que fachendeara de deixar a toda a provincia de Lugo sen conexión eléctrica e pídelle a Besteiro que "non estorbe, non se meta no medio, e sexa consciente do que se xoga Galicia".

Besteiro: "Cumpra os prazos e non o estrague"

O líder socialista afirma que se esta factoría se instalará na nosa comunidade foi grazas ás xestións realizadas polo presidente do Goberno durante a súa viaxe á China. Afirma que foi preciso librar "varias batallas" para que o país asiático acordara que España sería o país receptor desta inversión e lembrou que Galicia tiña "outras competidoras" a nivel estatal, como Tarragona, Valencia e Caalña. Con todo, lembra, "o Goberno apostou por Galicia".

Besteiro denuncia a "hipocrisía" de Rueda e pídelle que "cumpra os prazos e non estrague" esta operación industrial.

Pontón pídelle a Rueda que retire o plus antibaixas: "Para cando un plus antilistas de espera?"

Na súa intervención, a portavoz nacional do BNG pediulle ao presidente que retire o plus antibaixas. Asegura que estamos ante unha medida "esperpéntica", "disparatada", carente de ética e "que pon en risco a saúde da persoas".

Ana Pontón pídelle que deixe de criminalizar a clase traballadora e responsabiliza a Rueda do ocorrido. "Faga seu traballo", espétalle. Explica que, se quere evitar a prolongación das baixas, deixe de recortar dereitos e solucione o problema das listas de espera, e dille ao presidente: "Vostede pon en perigo a saúde dos traballadores que están de baixa porque os fai esperar durante meses para seren atendidos". 

Rueda, a Pontón: "Cal é a súa proposta, deixar que as baixas duren indefinidamente?"

O presidente afirma que o 40 por cento dos médicos levan meses aplicando este plus e nega que a Administración os estea coaccionando. Repróchalle a Pontón que non apoie os facultativos que levan meses protestando contra a xestión do Goberno central.

A portavoz nacional do BNG insiste na retirada desta medida. Ana Pontón lembra que Galicia é a segunda comunidade con menos baixas de todo o Estado. O presidente dille: "Cal é a súa proposta, non facer nada? Deixar que as baixas duren indefinidamente?. E conclúe:  "Todos os traballadores que teñan que estar de baixa son sagrados, pero os que estean de baixa e poden traballar hai que arranxalo".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar