Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta eleva ata os 45 anos a idade para optar aos avais para a compra de vivenda

A Xunta eleva ata os 45 anos a idade para optar aos avais para a compra de vivenda

Anunciouno Rueda no Parlamento, despois de que o voceiro socialista asegurara que Galicia está nunha situación de "emerxencia social" en materia de vivenda

A portavoz nacional do BNG acusa a Xunta de "non tomar en serio" a política de prevención de incendios e de non asumir a limpeza das franxas de seguridade dos concellos: "A súa palabra non vale nada"

O presidente afirma que non hai "variñas máxicas" na loita contra o lume e pídelle á oposición "sentidiño", que "non estorbe" e que lles deixen traballar

Xunta de Galicia / Europa Press
G24.gal 17/06/2026 08:32 Última actualización 17/06/2026 15:03

A Xunta elevará dos 36 aos 45 anos a idade para beneficiarse dos avais do Goberno galego para a adquisición de vivenda. Anunciouno no Parlamento o presidente, Alfonso Rueda, na sesión de control celebrada no Parlamento galego.

Con esta liña, a Xunta avala ata un 20 % do prezo da vivenda, de xeito que a hipoteca poida chegar ao 100 % do importe, para facilitar o acceso ás persoas mozas que dispoñen de recursos para o pago da mesma, pero carecen de aforros suficientes para facer fronte á porcentaxe que os bancos non financian. Rueda precisou que a medida entrará en vigor para a convocatoria do próximo ano, xa que a actual está xa aberta.

Besteiro afirma que Galicia está en situación de "emerxencia social"

O presidente do Goberno galego fixo este anuncio en resposta a unha pregunta do portavoz do grupo socialista, que asegura que Galicia está nunha situación de "emerxencia social", con 34.000 mozos e mozas no rexistro de demadantes de vivenda, un 143 % máis que hai 17 anos.

José Ramón Gómez Besteiro indicou na Cámara que "a vivenda non é un negocio, senón que é un dereito constitucional" e pídelle á Xunta que actúe.

O presidente defendeu as medidas en materia de vivenda da Xunta, lembrou que o obxectivo do seu Goberno é construír catro mil vivendas en catro anos e 6.000 ata 2030 e contrapón o compromiso do seu equipo co do Goberno central, que ao seu xuízo, realiza "anuncios nos medios e nada máis", "fai caixa" con Galicia pola venda de propiedades de Sareb, e non envía "ningún euro para facer vivenda en Galicia".

Tras repasar os avances introducidos polo seu Goberno en materia de vivenda, Rueda anunciou que se eleva ata os 45 anos a idade para poder optar aos avais da Xunta para adquirir unha vivenda.

Pontón: "Os incendios apáganse no inverno; a súa palabra non vale nada"

portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego puxo o foco na política contraincendios da Xunta. Ana Pontón asegura que Rueda "non aprendeu nada da vaga de lumes de 2017, 2021 e 2025" e pon en dúbida que Galicia estea preparada para evitar outro "verán infernal" nos montes galegos como o acontecido o ano pasado.

Botoulle en cara á conselleira do Medio Rural que marchara "de romaría" durante os incendios de Padrón e Boborás dos últimos días e lémbralle ao presidente da Xunta que o lume "apágase no inverno".

Pontón afirma que a Xunta deixou sen executar 95 millóns de euros nos últimos seis anos do programa de prevención de incendios e aféalle a Rueda que non asumira a limpeza da faixas de seguridade nos municipos de menos de 10.000 habitantes como prometera. "Cando un presidente incumpre a súa palabra ´e que estamos ante unha mentira ou ante unha incompentencia", espétalle, "a súa palabra non vale nada".

Rueda acusa a Pontón de "populismo incendiario", dille que son os concellos os que teñen que pedir a colaboración da Xunta e  que "non hai variñas máxicas". Pídelle á oposición "sentidiño, unidade" e que non "lles estorben": "Déixennos traballar".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade