Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSdeG defende a Sánchez e os populares acusan o BNG de amparar o delito

O PSdeG defende a Sánchez e os populares acusan o BNG de amparar o delito

As forzas políticas galegas reaccionan ás revelacións do sumario xudicial

G24.gal 04/06/2026 14:55

As revelacións que recolle o sumario xudicial preocupan aos socialistas de Galicia. Falan de indicios que haberá que sustentar, din, con probas.

"É un proceso xudicial moi incipiente. Hai que deixar traballar a xustiza", di Lara Méndez.

E defenden o presidente do Goberno. "Moitas veces a cabeza visible dun proxecto ben sexa a nivel orgánico ou institucional non ten coñecemento", xustifica.

Un apoio a Pedro Sánchez que non aclaran desde o BNG despois de coñecerse os novos detalles do sumario que afecta ao Partido Socialista.

"Creo que a cidadanía ten que ter a convicción de que ten no BNG unha forza política honesta que en máis de 40 anos de existencia non ten nin unha persoa condenanda por roubar cartos públicos", defende a Portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.

O Partido Popular acusa os nacionalistas de ir rebaixando as súas liñas vermellas. "Esta agardando unha condena por financiamento ilegal do PSOE" asegura a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado. E din que os nacionalistas prefiren o delito á alternancia política.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade