Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sergio Carreira "prolonga o seu soño" tras renovar co Celta

Sergio Carreira "prolonga o seu soño" tras renovar co Celta

Carreira: "É unha tempada para gozar, isto non é habitual vivilo"

G24.gal 25/06/2025 13:00 Última actualización 25/06/2025 13:22

Primeiras declaracións de Sergio Carreira tras renovar co Celta ata 2029.

"É unha tempada para gozar, isto non é habitual vivilo".

Tamén valorou o feito de xogar na Liga Europa

"Incrible, porque vivín a Europa League que se xogou aquí como canteirán. Poder estar na mesma situación é satisfactorio".

O defensa pronunciouse antes a través das redes sociais unha vez concretada a súa renovación co club vigués  por catro tempadas, ata o 2029.

O futbolista expresa que con esta ampliación do seu vínculo co club de formación "prolóngase un soño". O carrileiro vigués di sentirse "moi feliz de poder seguir no club" que o "viu crecer" e aproveita para mostrar a súa gratitude pola reacción da afección.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade