Publicador de contidos

Publicador de contidos

Europa multa con 530 millóns de euros a TikTok por transferir datos de usuarios á China

Europa multa con 530 millóns de euros a TikTok por transferir datos de usuarios á China

A plataforma xa anunciou que vai apelar a sanción, asegurando que dende o ano 2023 incorporaron melloras para reforzar a protección dos seus usuarios de Europa

Non é a primeira multas: en 2023, a Comisión de Protección de Datos de Irlanda tamén lle impuxera unha sanción de 345 millóns

G24.gal 02/05/2025 19:49

A Unión Europea multa con 530 millóns de euros a TikTok por transferir datos de usuarios europeos á China, sen garantir o grao de protección que marca a lei. Bruxelas dálle agora á empresa chinesa seis meses para cumprir coas normas comunitarias de protección de datos.

Foron necesarios catro anos de investigación para concluír que TikTok permitiu o acceso remoto dende A China a información de usuarios do Espazo Económico Europeo, sen cumprir coa normativa europea de protección de datos.

A plataforma xa anunciou que vai apelar a sanción, asegurando que dende o ano 2023 incorporaron melloras para reforzar a protección dos seus usuarios de Europa.

Non obstante, esta non é a primeira vez que TikTok se enfronta a multas millonarias na Unión. En 2023, a Comisión de Protección de Datos de Irlanda tamén lle impuxera unha sanción de 345 millóns por non protexer os datos dos menores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade