Cargando resultados...
Cachan na Coruña tres persoas con cámaras no teórico de conducir
Terán que pagar unha multa de 500 euros e non poderán presentarse ao exame en seis meses

G24.gal
16/09/2023 11:48
Última actualización 16/09/2023 13:29
A Garda Civil sorprendeu tres persoas con dispositivos de vídeo no exame teórico de conducir na Coruña. Os axentes localizaron tres homes que portaban, escondidos entre a súa vestimenta, cámaras de tamaño reducido.
Os feitos ocorreron nas instalacións da Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña, situadas no polígono de Sabón, no concello de Arteixo. A infracción conleva unha sanción de 500 euros e a prohibición de presentarse de novo a esta proba nun prazo de seis meses.