Cargando resultados...
Visitamos o taller de Álvaro Negro na nosa nova sección 'Espazos creativos'
Entramos nun espazo íntimo, na luz, no contexto e nos referentes do pintor Álvaro Negro
No lugar de Agolada o artista déixanos entrar no seu estudio, o vello muíño familiar
G24.gal
24/09/2026 10:24
Estreamos esta nova temporada de Zigzag unha sección, 'Espazos Creativos', onde nace o mundo dos artistas e que nunca vemos, unha sección da nosa compañeira Carmiña Blanco, que comeza hoxe descubrindo o muíño familiar refuxio do pintor Álvaro Negro, en Agolada, un lugar que comparte o doméstico e o artístico.