Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan por desvío de fondos o exprimeiro ministro Édouard Philippe, aliado de Macron

Investigan por desvío de fondos o exprimeiro ministro Édouard Philippe, aliado de Macron

Philipe está considerado como unha das personalidades políticas francesas máis populares e un dos potenciais candidatos para suceder en 2027 a Macron

G24.gal 03/04/2024 17:01 Última actualización 03/04/2024 17:16

A Fiscalía Nacional Financeira de Francia investiga o exprimero ministro francés Édouard Philippe por desvío de fondos públicos, favoritismo e acoso moral durante o seu actual posto como alcalde de Le Havre.

Philippe é un dos principais aliados do presidente Emmanuel Macron e potencial candidato ás presidenciais de 2027.

As dependencias do Concello desta localidade do norte de Francia, así como a sede da aglomeración urbana Le Havre Seine Metrópoles foron rexistradas este mércores.

Outros dous altos cargos municipais da confianza de Philippe tamén están a ser investigados.

Aínda que se fixo público este mércores, as autoridades francesas abriron a investigación en decembro de 2023, tras a denuncia dunha antiga directora xeral da aglomeración urbana de Le Havre, contratada ata abril de 2023, cando Philippe -responsable tamén da aglomeración de Le Havre Seine- decidiu non renovar o seu contrato.

A Policía Xudicial de Rouen -encargada da investigación- tratará de pescudar se se vulneraron as regras de contratación pública na concesión por parte da aglomeración dun contrato sobre o desenvolvemento de novas tecnoloxías por valor de 2,15 millóns de euros a unha asociación dirixida de maneira benéfica por unha das súas conselleiras tamén investigadas, Stéphanie de Bazelaire.

En declaracións á canle BFMTV, o que foi primeiro ministro de Macron aclarou que "demostrarán de boa fe que non se vulneraron as regras de contratación pública" e dixo poñerse ao dispor das autoridades para "responder a todas as preguntas".

Philippe, de 53 anos e antigo membro do partido centrodereitista dos Republicanos, está considerado como unha das personalidades políticas francesas máis populares e considéraselle como un dos potenciais candidatos para suceder en 2027 a Macron.

O exprimeiro ministro é o líder do movemento Horizons, un pequeno partido fundado en 2021 aliado da formación macronista Renacemento e dos centristas do Modem. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade