Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños do Lagar, na Pobra, denuncian furtos nos tendais e nas portas das casas

Veciños do Lagar, na Pobra, denuncian furtos nos tendais e nas portas das casas

Levan roupa dos tendais ou a bolsa do pan nas portas das casas

Os denunciantes relacionan os roubos cun piso ocupado no barrio

 

 

 

G24.gal 30/10/2026 13:49

Nunha bolsa estaba a comida que o Concello lle deixa cada día a unha anciá dependente do barrio do Lagar.

"Tres días que foi ao médico e non estaba na casa para abrir leváronlle a comida".

Tamén o pan que toda a vida quedou na porta das casas ou a roupa que seca nestes tendais son botín habitual duns ladróns, cada vez máis activos no barrio. 

"Levan o pan e a roupa dos tendais que están nos baixos. Son furtos sen importancia ata que deixan de selo, non queremos que iso pase".

Os veciños, que só denunciaron o caso nas redes, teñen as súas sospeitas.

"Nós achacámolo a un piso que ocuparon preto da Praza Treixadura. Berran polas noites, peléxanse e romperon un portal". "Berran, métense nos portais, remexen no lixo e deixan todo tirado na rúa".

Cren que no piso hai venda de droga e o seu consumo está detrás destes problemas.

"Aquí véndese droga e ese é un deles, a xente consome e despois marcha".

Esta mesma mañá a policía detiña unha das habitantes da vivenda, investigada por dous roubos e estragos no inmoble. Os axentes din que son coñecedores da problemática e animan a que os veciños denuncien oficialmente os furtos, aínda que sexan menores, para poder actuar de seguir actuando.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade