Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido o cuarto membro da banda que asaltaba casas en Vigo

Detido o cuarto membro da banda que asaltaba casas en Vigo

O groso do operativo foi desenvolvido na parroquia de San Miguel de Oia

G24.gal 30/10/2026 13:55

A Policía Nacional levou a cabo en Vigo un gran dispositivo na parroquia de San Miguel de Oia para deter un grupo de ladróns de chalés de orixe suramericana.As tres deles prendéronnos axiña, pero un cuarto logrou fuxir durante horas e a Policía Nacional confirmou a súa detención ao mediodía deste venres.

É raro atopar no miolo central de San Miguel de Oia en Vigo a alguén que non vise o impresionante despregue da Policía Nacional na parroquia. Ás cinco na subida a Liñares, ás seis na praia, tamén en Mirambel ou nos accesos a Club de Campo onde coidan que un deles se puido agochar. Algunha das persoas coas que puidemos falar din que viron polo menos  once patrullas desde as cinco da tarde ata máis alá das oito do serán.

Segundo o que transcendeu a banda que estaba seguida xa desde hai días pola Policía Nacional é responsable de varios roubos nesta zona residencial de Vigo de alto poder adquisitivo e de veraneo e na urbanización de Canido e tamén no Val Miñor.

Ademais dos coches patrulla algúns veciños escoitaron voar o dron ata altas horas da madrugada.

Ademais das detencións, a Policía Nacional, que practicou rexistros nun vehículo nesta zona de Ricardo Mell, puido atopar unha importante cantidade de xoias e diversa ferramenta que puido ser empregada par perpetrar os roubos.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade