Cargando resultados...
Morre unha muller atropelada nun paso de peóns na Caniza
Foi evacuada no helicóptero do 061 pero morreu no hospital
A muller fora evacuada en helicóptero pero faleceu no hospital
G24.gal
28/09/2026 20:39
Unha muller de avanzada idade que fora evacuada en helicóptero logo de sufrir un atropelo na Caniza perdeu finalmente a vida. Ao parecer o condutor deu positivo na proba de alcohol.
O accidente produciuse cara ás 16.20 horas e, segundo a información recollida pola central de emerxencias, a vítima foi atropelada na rúa do Progreso, nunha zona que conta cun paso sinalizado para peóns.
O 112 informou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata o punto o helicóptero medicalizado con base en Ourense.
Unha vez chegou o persoal sanitario ata a zona, a persoa ferida foi evacuada a bordo do helicóptero ata o hospital de referencia, onde finalmente faleceu.