Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sanidade informa dun erro na aplicación para o control da glicosa

Sanidade informa dun erro na aplicación para o control da glicosa

A Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios informou dun erro nas versións 1.11.2 e 1.12.0 da aplicación que monitoriza a glicosa Dexcom G6 para iOS que poderían non funcionar segundo o previsto e mostrar un valor estimado de glicosa anterior ao máis recente

A empresa está a enviar unha nota de aviso para informar a pacientes, persoas coidadoras e profesionais sanitarios do problema detectado e das accións para seguir, como a actualización da aplicación

G24.gal 23/09/2025 11:15

A Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (Aemps) informou este martes dun erro nas versións 1.11.2 e 1.12.0 da aplicación que monitoriza a glicosa Dexcom G6 para iOS que poderían non funcionar segundo o previsto e mostrar un valor estimado de glicosa anterior ao máis recente.

Se a persoa usuaria non é consciente de que o valor mostrado non é o máis recente, podería tomar unha decisión de tratamento incorrecta e sufrir episodios de hipoglicemia ou hiperglicemia, advirte esta axencia dependente do Ministerio de Sanidade.

A empresa está a enviar unha nota de aviso para informar a pacientes, persoas coidadoras e profesionais sanitarios do problema detectado e das accións para seguir, como a actualización da aplicación. Este sistema permite a medición continua dos niveis de glicosa no líquido intersticial en persoas maiores de dous anos e está deseñado para substituír as probas de glicosa en sangue (GS) mediante lectura capilar á hora de tomar decisións de tratamento.

A interpretación dos resultados do sistema de MCG Dexcom G6 debe basearse nas tendencias de glicosa e nas lecturas acumuladas do sensor ao longo do tempo, non unicamente nun valor illado. O correcto uso deste sistema contribúe á detección e ao manexo cedo de episodios de hipoglicemia e hiperglicemia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade