Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos Crespo e as novidades musicais desta semana, no 'ZigZag'

Carlos Crespo e as novidades musicais desta semana, no 'ZigZag'

'No Sinto', o EP de 9Louro

'25', de Ataque Escampe sobre o orixinal de Grande Amore

G24.gal 15/10/2026 10:09

Sen adiantos nin anuncios previos, o pasado venres 9Louro publicou 'No Sinto', un epé con cinco cancións que veñen acompañadas doutros tantos videoclips. De feito, o proxecto preséntase como un contido audiovisual en que se suceden os cinco vídeos conformando unha secuencia na que 9Louro reflexiona arredor dos baleiros que xera o éxito e as cousas que vas deixando polo camiño. Entre elas, parte da ilusión daqueles comezos. O epé está producido polo valenciano 15beats e os videoclips están dirixidos por Anxo Beiro, un realizador de Louro.

‘25’ éo primeiro adianto de 'Outros corpos', o epé no que Ataque Escampe e Grande Amore se rouban cancións mutuamente para retorcelas. ‘25’ é unha relectura en clave de rap e post-punk da canción coa que Grande Amore retrataba a desorientación dos 25 anos.

O que no debut de Grande Amore era un rock and roll berrado sobre a desorientación dos vinte e cinco anos é aquí un rap achegado ao post-punk que evoca outro momento vital. Se a canción orixinal estaba marcada pola dúbida e a espera “a que un día pase algo”, a reescrita de Ataque Escampe, que recontextualiza e engade versos á orixinal, recolle a súa rabia, pero lévaa ao punto de vista de alguén que aprendeu (máis ou menos) a gozar dos praceres dunha vida tranquila, coma o xadrez en liña e as clases de baile latino.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade